La Queimada



CONXURO DA QUEIMADA

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas: feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas, indose bañar na praia
das areas gordas.

¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas.

E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa almae de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

Tocata y fuga